01/09/26

Phantasialand

Hoxe estamos de festa na casa, posto que a rapaza xa nos fai quince anos
Por adiantado, obsequiámola cunha visita a un dos parques temáticos máis prestixiosos de Europa
Referímonos ao aclamado Phantasialand, un complexo situado ao sur de Colonia que destaca pola calidade das súas propostas



De feito, está considerado o segundo parque de atraccións máis importante de Alemaña
Só por detrás de Europa Park, que visitamos hai un par de anos e que non supera en detallismo a Phantasialand




O parque conta con media ducia de áreas temáticas, entre as que destaca a de Berlín, con Rookburgh
Esta subárea de estilo steampumk ten unha montaña rusa, F.L.Y., onde os pasaxeiros semellan voar pendurados
Logo hai tamén coasters máis convencionais, coma o tren da mina Colorado Adventure, na área dedicada ás civilizacións de México 




De volta a Berlín, subimos a un carrusel de varios pisos
Tamén visitamos a dark ride Maus aus Chocolat, unha das atraccións máis divertidas do parque




Neste extremo do Phantasialand trata de recrearse o ocio familiar berlinés de inicios do século pasado




A tal efecto, construíuse un boulevard con varias prazas, e dende unha delas parte un tunel que conduce á ucronía steampunk
Outra das áreas do parque é China Town, onde se encontra outra dark ride, Geister Rikscha, neste caso inspirada no terror chinés





No capítulo dos espectáculos, repartidos por todo o parque, destacan tres principais
Son o musical Nobis, o acrobático Battle of the Best e Rock on Ice, de patinaxe sobre xeo




A medieval Mystery, Deep in Africa e Fantasy son outras das áreas de Phantasialand
Pola temática e o seu alto nivel de detallismo, esta última evoca o parque de Efteling, nos Países Baixos
Nestoutro exremo do parque subimos á Crazy Bats, unha montaña rusa de realidade virtual onde as imaxes van sincronizadas cos vagóns




Fóra do horario do parque, que só en pleno verán pecha ás sete da tarde, estivemos polos hoteis do complexo





Sobre todo no Ling Bao, que era o que tiñamos á beira do noso propio hotel
Un día ceamos no asiático e outro no africano, o Matamba, onde nos hospedamos




E ata aquí chegan as aventuras que vivimos nun dos mellores parques de atraccións do mundo
A experiencia serviu como o mellor colofón á viaxe que realizamos polo occidente alemán, centrada no val do Mosela

Ningún comentario:

Phantasialand

Hoxe estamos de festa na casa, posto que a rapaza xa nos fai quince anos Por adiantado, obsequiámola cunha visita a un dos parques temáticos...