22/01/09

Aínda máis neve


Que este está a ser un inverno frío e duro quedou xa ben claro
Para quen diga o contrario, teño aquí uns documentos gráficos
Son unhas fotos sacadas dende o noso quentiño e sequiño pisiño


As vivendas que se ven, estilo caserío vasco, datan dos anos 30
Mención especial para a casiña que temos xusto en fronte ao piso
-Aínda sendo a máis pequecha, as contras roxas danlle certo encanto-


Entre as casas formouse unha voráxine de folerpas en plena nevarada
Vendo isto é cando dá máis gusto encontrarse 'á calor do fogar'


Quixera salientar tamén unha perspectiva dos lousados nevados
-A sucesión de chemineas recórdame un coñecido filme musical-
Por certo, o que se ve na esquina superior dereita é a muralla romana


Despois da tempestade vén sempre a calma, antes de que volva nevar
A última imaxe corresponde a ese momento de tregua que dá a neve


3 comentarios:

Dr Smurf dixo...

Onte á noite volveu nevar. E de forma ben copiosa.

Parecía Rusia, aquilo.

camaposa dixo...

A min encántame a neve, disfruto como unha nena pequena. Máis, máis, máis... máis neve!!!!!

Dr Smurf dixo...

Logo estás de sorte, con este inverno que levamos.

A min tamén me gusta a neve, pero ao outro do cristal, sobre todo cando está a nevar. Tamén me gusta cando sae o sol e as vías xa están ben limpas e transitables. Toparme coa neve mentres conduzo non che me gusta nada.

Barbie, Cine e Moda

  Vimos de ver unha mostra con preto de 200 edicións limitadas da boneca máis famosa do mundo Trátase da exposición 'Barbie, Cine e Moda...