18/02/09

Os moteiros peludos


Este é un dos programas que estou a seguir hoxe por hoxe
É unha marabilla de mestura de xéneros televisivos
Ao mesmo tempo, trátase dun programa de cociña e de viaxes
Pero o mellor de todo é o sentido do humor dos protagonistas
Fálovos de "The Hairy Bikers Cookbook", producido pola BBC
Os moteiros peludos son Dave Myers e Simon King
Vaia par de personaxes, homes de mundo coma dous mundos
Ámbolos dous traballaran anteriormente tralas cámaras
Myers fixérao como maquillador tras pasar pola siderurxia
Mentres que Si King era buscador de localizacións exteriores
A cabalo das súas motos viaxan polos cinco continentes
E alí onde fan unha parada cociñan os pratos propios da zona
Todo adubiado co sal e as especias da súa incrible vis cómica
A serie pode verse cada domingo ás catro da tarde en Localia

2 comentarios:

eledhwen dixo...

¡Qué grande, qué grande!!
E mataría por un deses turbantes/pashmina azuis que levan ao final; aparte de bonitos, son unha virguería multifuncional.
Tiven ocasión de palpar e probar un (e de mercalo, !sob!), mágoa que non tivera cartos. :(

Dr Smurf dixo...

Hai que regatear!

O mellor é ofrecer primeiro o que ti pagarías polo produto e logo ir subindo pouco a pouco para chegar a un acordo. Unha vez acordado o prezo, sempre podes botarte atrás, amagar con irte e baixalo algo ate chegar a un acordo final.

Éche así de complexo pero non falla -polo menos onde existe a tradición de regatear-. E sempre podes comprar as cousas a un prezo razoable.

E se non hai cartos, tamén se pode intentar facer un troco, que nunca se sabe o que poden necesitar unhas aspirinas...

Barbie, Cine e Moda

  Vimos de ver unha mostra con preto de 200 edicións limitadas da boneca máis famosa do mundo Trátase da exposición 'Barbie, Cine e Moda...