16/03/09
O sentido da vida
Seguimos con Monty Python, con "The Meaning of Life"
Esta película contén un fragmento do máis surrealista
Chámase "Find the fish", con Graham Chapman e Terry Jones
Ámbolos dous laméntanse da perda dun "peixe, peixiño, peixe"
"E a onde queira que eu fose, el viña comigo", repite Jones
E unha voz allea suxírelles onde poderían atopar o peixe
"Está na trompa!", di unha das veces, como con sorna
O escenario é do máis inquietante, por non falar dos personaxes
-Caracterizados de xeito inverosímil, tal como se comportan-
Xa digo, un dos cumios da disparatada obra dos Monty Python
E a 'primeira entre iguais' das curtas que conforman este filme
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Phantasialand
Hoxe estamos de festa na casa, posto que a rapaza xa nos fai quince anos Por adiantado, obsequiámola cunha visita a un dos parques temáticos...
-
Esta criaturiña é a filla que acabamos de ter Marta e mais eu Naceu onte, pasadas xa as once e media dunha longa noite A nena pesou xusto ...
-
Van xa dous invernos consecutivos de nevadas memorables O ano pasado daba xa conta da constancia da neve en Lugo E este 2010 comezou coa...
-
Isto revela como empeza todo, para todos e cada un de nós Cunhas poucas semanas de vida somos así, coma un feixón Este que se ve na ecogra...
Ningún comentario:
Publicar un comentario