13/05/09

A palillar!




A artesanía é sempre un labor certamente encomiable
En calquera das súas vertentes, e o encaixe non o é menos
E temos a sorte de ter unha amiga, Meli, palilleira de pro
Nos últimos meses, Meli acudiu a diversas 'palilladas'
Trátase de convencións para intercambiaren artes palilleiras
Ou sinxelamente para se gabaren da delicadeza das súas obras
-Posto que cada palilleira amosa os seus mellores traballos-
Para dar conta destas xuntanzas, Meli creou unha bitácora
Nela vai publicando as experiencias vividas nas palilladas
E, como non, as fotos daqueles encaixes que máis lle gustaron
Este blog xurdiu aínda hai poucos meses, pero xa promete
-Polo orixinal da temática, polo interés que esperta o ambiente-

Ningún comentario:

A Sala Porta Miñá

Lugo conta cuns cantos museos, algún dos cales figura entre os mellores de todo o país Pero hai un en particular ao que lle teño especial qu...