03/09/09

O cadro das vacacións


Pois isto é en parte ao que me adiquei durante as vacacións
A un cadro que xa comezara e que aínda non dei acabado
Nun principio ía ser dun xeito e máis tarde foi mudando
Funlle introducindo cambios e melloras conforme avanzaba
Foi transformándose a medida que ían xurdindo novas ideas
E ao final pouco ten que ver co planificado ao comezo
Pero o caso é que me gusta máis así que como o empezara
En fin, como na vida mesma, ese camiño que se fai ao andar
O bo deste cadro é que aprendín bastante traballando nel
A base de darlle voltas e voltas, deume ideas para o futuro
Ideas para novos proxectos con novas formas que desenvolver
No aspecto técnico, permitiume dar con fórmulas máis eficientes
Puiden averiguar como acabar antes e de maneira máis pulcra
O lenzo mide 73 centímetros de alto por medio metro de ancho
Coido que finalmente o convertín nunha especie de vidreira
Ou polo menos, ese é o aspecto que polo de agora está a coller
-Plasmar ao óleo exactamente o que tes na cabeza non é doado-
Xa veremos ao final como remata o conto e que tal queda

2 comentarios:

helena dixo...

Pois si, algo así como unha vidreira. Gústame a luminosidade que ten, parabéns! Penso tamén que é moi diferente aos cadros teus anteriores. Ou é que hai tempo que non vexo obra recente?

Dr Smurf dixo...

Graciñas, Helena! Tes razón: algo diferente si que é. E tamén é máis luminoso, se cadra porque perdín aquel 'horror vacui' que lles tiña aos brancos e mais porque emprego cores cálidas e claras procurando non mesturalas.

Paisaxes de Lugo (IX)

  Cunha mañá neboenta de finais do inverno no parque de Rosalía dá comezo esta nova entrada sobre as paisaxes lucenses Foi captada ao carón ...