28/01/10

Cadros e fogares


Nos últimos tempos parte da miña pintura emancipouse
Algúns cadros supernumerarios migraron a fogares alleos
Eu, entre orgulloso e tristeiro por perdelos, deilles a venia
Xa son maiores, díxenme, e deixeinos ir facer a súa vida
Esta obra que temos aquí foi a última en marchar da casa
Xa falara dela polo verán, cando aínda se estaba a formar
Aceptárona Jesús e Nesti no seu flamante niño de amor





No caso deste outro cadro, acabou tamén en boas mans
Tiveron a ben albergalo no seu seo Beni e mais Vanessa



Por último, esta outra pintura tivo que viaxar algo menos
Percorreu uns cantos centos de metros, en Lugo mesmo
Acollérona no piso Juanqui e Rocío, para o meu arroubo
E esta é a historia dos cadros que buscaron mellor sino



1 comentario:

Dr Smurf dixo...

Engadir que o cadro da tribo que se encontra na terceira foto é da propia Nesti. Pódese pinchar na foto para velo con máis detalle.
A min encántame. E á outra beira encóntrase nada menos que a portada do Ummagumma. Qué máis se pode pedir.

Barcelona en familia

  Vimos de visitar unha das cidades máis fermosas da Península e do mundo enteiro A capital catalá ofrece un patrimonio cultural único, come...