18/02/10

Mentiras sibilinas


Imos falar de “55 mentiras sobre a lingua galega” (Ed. Laiovento)
Este libro consegue desenmascarar a perversidade máis conspicua
Unha por unha, desmonta ducias de trolas interesadas e mesquiñas
Os prexuízos adoitan resultar evidentes e caen polo seu propio peso
Noutras ocasións, a súa razón de ser é dunha sutileza ben retorcida
É daquela cando hai que destecer, fío a fío, unha rede de falsidades
Unha serie de dogmas gravados a lume nas mentes menos formadas
-Vítimas dunha síndrome de Estocolmo nas que callaron estas ideas-
A análise foi feita por un equipo dirixido por Xosé-Henrique Costas
Entre os científicos, figuran sociólogos e sociolingüístas de prestixio
-Un dos autores é o académico e filólogo Francisco Fernández Rei-
A obra conseguiu ser presentada simultaneamente en todo o mundo
E logrou marcar un fito e ser un referente sobre os eidos diglósicos
Compara o modelo educativo galés, non mellor có galego, co finés
En Finlandia, o sueco e o idioma propio apréndense en todo o país
No que se refire ao caso galego, afonda nas falacias máis comúns
-Nas argucias máis recorrentes nas distintas facetas da vida cotiá-
A plataforma Prolingua publicou un completo resumo na súa web
Un dos aspectos máis interesantes versa sobre a lexislación vixente
Aclárase como a día de hoxe o castelán segue a estar sobreprotexido
Non ten desperdicio como se equipara galegofalante con maleducado
Como se cohibe as persoas para preservar o sistema así establecido
E como se abusa da paciencia propia dos galegos, bos e xenerosos
O libro só custa 8 euriños, así que o recomendo para ampliar miras
E de paso, poder botar por terra mentiras mil e unha veces repetidas
-A verdade, que non se fixese ate agora considéroo unha vergonza-

Ningún comentario:

Barcelona en familia

  Vimos de visitar unha das cidades máis fermosas da Península e do mundo enteiro A capital catalá ofrece un patrimonio cultural único, come...