23/06/11

Humor vasco



O sentido do humor vasco non lle ten nada que envexar ao británico
Boa proba son programas como Vaya semanita, que emite a ETB
Neste primeiro vídeo mostran a súa versión de O Señor dos Aneis
E tamén fan hilarantes parodias de espazos como Cuarto Milenio


As tendencias sociolóxicas tampouco escapan á súa vis cómica
Outro personaxe obxecto de escarnio é o emo que nos retratan



Como ocorre con El Jonan de Baraka, un entrañable polígoneiro


A El Jonan ollabámolo neste vídeo nunha incursión á veciña Basauri
Nesta vila ao sur de Bilbao é onde se ambientaba Qué vida más triste
Trátase dunha serie de humor que se comezou a realizar para a rede
Tralo éxito das primeiras temporadas, deu o salto á pequena pantalla


A serie narraba as desventuras de Borja Pérez e o seu amigo, El Josebas
-Quen, con frecuencia, lle axuda a saír das irrisorias leas nas que se mete-
Dando así unha mostra máis da brillantez do humor feito no País Vasco

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Son xeniais, sobre todo porque saben rirse de si mesmos.

Dr Smurf dixo...

Canto teñen que aprender deles outros que van de "graciosetes" e non chegan nin a simpáticos. Pobre de ti como te metas coa talla de madeira que idolatran con fervor fanático...

Paisaxes de Lugo (IX)

  Cunha mañá neboenta de finais do inverno no parque de Rosalía dá comezo esta nova entrada sobre as paisaxes lucenses Foi captada ao carón ...