20/09/12

A noite en Bucarest



En Bucarest demos por rematada a nosa viaxe ás terras romanesas
Alí sorprendeunos a diversa e dinámica vida nocturna que atopamos
De feito, nunca viramos tantas terrazas como as que había no centro
-En tantas rúas contiguas, con tanta xente nun auténtico formigueiro-
Estivemos na cervexería Caru Cu Bere, fundada a fins do século XIX
No seu coidado interior degustamos a súa magnífica cervexa da casa



O persoal completo da cervexería deleitounos cun curioso espectáculo
Saíron todos eles en fila india a bater as palmas ao ritmo dunha polca
A continuación, deron varias voltas e viráronse a ambos os dous lados
Por último, ao acabar a música, volveron cada un aos seus quefaceres



Para cearmos, buscamos outro local de referencia na capital romanesa
Dirixímonos ao Manuc, un restaurante con douscentos anos de historia
-Coma no resto do país, as súas terrazas eran coquetas e acolledoras-
E ata aquí chega o relato das vivencias que tivemos, de grata lembranza
Visitamos unha nación fascinante, repleta de pasado e con moito futuro


Ningún comentario:

2024

Acábase o outono, comeza o inverno e chega o momento de facer balance do 2024 Este ano a piques de rematar deparounos moi bos momentos, que ...