28/07/15

O parque escultórico da Torre de Hércules




Na Coruña hai un museo ao aire libre que ocupa case medio cento de hectáreas
Trátase do Parque escultórico da Torre de Hércules, creado hai dúas décadas
De entre as obras expostas, a máis coñecida é a dos "Menhires pola Paz"
Son unha ducia de pedras fitas con ocos cuadrangulares polo medio
E o traballo máis coñecido do escultor cambadés Manolo Paz



Por eses buratos que teñen pola metade pode ollarse o mar do arco ártabro
Tamén se pode ver o faro romano en funcionamento máis antigo do mundo



Preto dos menhires atopamos un singular cromlech feito por Isaac Díaz Pardo
Trátase do "Monumento aos Fusilados na Guerra Civil" do Campo da Rata
De camiño á torre encóntrase a obra "Hércules na nave dos Argonautas"
A súa autoría é do escultor coruñés Gonzalo Viana, tamén xa falecido



De camiño á Punta Herminia damos cunha obra de Pepe Galán
É "A copa do sol", que gardaría o bálsamo da inmortalidade
E no mesmo cabo está a "Caracola" de Moncho Amigo



O "Breogán" esculpido por Xosé Cid garda a propia Torre de Hércules
-Monumento que foi declarado Patrimonio da Humanidade en 2009-


En total, son quince as obras que conforman o parque escultórico
Entre elas figura tamén "A rosa dos ventos", de Xabier Correa
Ou as portas da propia torre, do tamén cambadés Paco Leiro
E posteriormente engadiron novas esculturas ao conxunto
A todas elas cómpre sumar a contorna, obra da natureza
Ademais dalgún petróglifos que foron redescubrindo



Ningún comentario:

O parque de Marcos Cela

  Encontrámonos na mellor época do ano para visitar un dos lugares máis senlleiros de Lugo Os xardíns de Marcos Cela vístense de outonía, co...