10/10/25

As cores do San Froilán

 


A gran festa do outono galego caracterízase pola intensidade e a variedade do seu cromatismo
É xusto nesta primeira quincena de outubro cando a foresta comeza a se tinguir de cores cálidas
Malia perder forza, a luz dun sol cada día máis baixo amplifica este efecto, cun resultado engaiolante




Tanto ao amencer coma á tardiña, as raiolas cobren a paisaxe dun halo dourado
No espello do Miño ese ouro vale o dobre, ao se reflectir a follaxe nas augas mansas




Pola beira dos ríos, os carreiros tórnanse cadros coloristas
O cinto verde de Lugo vólvese un grande anel áureo que envolve a urbe




O Miño, o Rato, o Mera, o Fervedoira e demais cursos fluviais corren a mesma sorte
Unha temperatura de color de escasos graos Kelvin volve as súas marxes máis acolledoras
E ao caer a noite, o noso festival da colleita continúa no recinto feiral co renovado Oktoberfest galego




As patronais luguesas non son só festíns de polbo á feira, atraccións novidosas e os mellores concertos de música tradicional
O San Froilán é toda unha oda á abundancia cumprida, unha celebración da luz no seu máis amplo espectro que convida a regalar os ollos

Ningún comentario:

As cores do San Froilán

  A gran festa do outono galego caracterízase pola intensidade e a variedade do seu cromatismo É xusto nesta primeira quincena de outubro ca...