25/03/21

Catro detalles dun cadro colorido


Este de inspiración africana é un detalle da última pintura que rematei
 Saíu ben colorida, se cadra co fin de compensar os grises tempos que estamos a vivir
Neste post irei debullando o cadro por partes, brevemente, comezando por un gato azul, que non triste




Félido e busto, cun disco solar, conforman un conxunto á beira dereita do lenzo
No outro extremo, vemos unha especie de esquematizada grande onda de Kanagawa
E na parte superior central, dúas ás opostas e un círculo tamén azul evocan unha bolboreta 




Non negarei que o proceso de creación deste óleo me resultou especialmente laborioso
Logo duns cantos bosquexos iniciais, a composición foi mudando ata chegar ao seu aspecto final
Tal como se pode apreciar sobre estas liñas, acompaña outro cadro de hai uns anos no cuarto da miña filla


Ningún comentario:

Os saltiños do Rato

  Un dos maiores praceres da vida contemplativa lucense é o de percorrer o Paseo do Rato Nel, un regueiro desemboca no río en forma de ferve...