01/05/22

Valencia en familia (II): o Bioparc e a Cidades das Artes e das Ciencias

 


Nas últimas xornadas da nosa viaxe a Valencia visitamos diversos centros dedicados ao coñecemento da fauna
O primeiro deles foi L'Oceanogràfic, o maior acuario de Europa, que forma parte da Cidade das Artes e das Ciencias
Alí atravesamos varios túneles baixo os peixes, o máis longo, cun percorrido de 70 metros, centrado nos mares temperados





Puidemos contemplar unhas cantas especies de medusas, dende as máis grandes ás máis pequeniñas




Entre tiburóns, napoleóns, corais, estrelas ou anemones, tamén puidemos ollar humanos a limparen os tanques




Outros mamíferos presentes no acuario son os leóns de mar, as belugas ou os golfiños
No seu enorme delfinario asistimos a un espectáculo onde estes cetáceos realizaban acrobacias




Ademais, accedemos ao hospital de tartarugas mariñas que hai no centro, onde se crían e recuperan




Cunha superfie de 11 hectáreas, este oceanográfico forma parte dun complexo aínda máis grande
Trátase da devandita Ciutat de les Arts i les Ciències, un conxunto de centros deseñado polos arquitectos Calatrava e Candela




Deles, visitamos tamén o Museo das Ciencias, que foi o que máis lle gustou á nena




Ao día seguinte fomos ao Bioparc, que alberga animais de máis dun cento de especies africanas




No hábitat malgaxe vimos exemplares de varios tipos de lémures
Tanto contemplamos o lémure rufo branco e negro coma o de cola anelada
E na reprodución dos bosques ecuatorais de África, había varios tipos de primates




Na reprodución na cova Kitum admiramos os peixes dos humidais africanos
Había unhas cantas especies de tilapias e cíclidos, ademais de hipopótamos no Nilo




Ademais de peixes, tamén coñecemos algunhas especies de anfibios, coma os sapos tomate




Ao igual ca no Oceanográfico, neste parque tamén obsequian os visitantes cun pequeno espectáculo
Fundamentalmente, consiste nunha exhibición de cetrería en que participan rapaces, voitres ou marabús




Despois do xantar, Selma quedou moi contenta ao degustar o seu primeiro Happy Puppy
Ao rematar o percorrido, saímos cunha boa impresión deste parque, mellor incluso ca do Oceanográfico
Ben é certo que sempre dá pena ver certos mamíferos en catividade, pero a experiencia en conxunto foi bastante positiva
Con esta breve recensión damos por concluído o relato sobre a viaxe que fixemos á capital do País Valenciano, onde habemos volver


Ningún comentario:

Valencia en familia (II): o Bioparc e a Cidades das Artes e das Ciencias

  Nas últimas xornadas da nosa viaxe a Valencia visitamos diversos centros dedicados ao coñecemento da fauna O primeiro deles foi L'Ocea...