Para ben ou para mal nacín durante o Albariño
Unhas festas de moito postureo que cada vez aborrezo máis
-Este ano tivemos que usar tapóns para os oídos para poder durmir-
Para tratar de remedialo, facemos unha celebración distinta
Coa excusa do meu cumpreanos, imos cear a un sitio tranquilo
Ao merendoiro que se encontra trala capela do monte da Pastora
Normalmente degustamos unha churrascada asada na miña casa
Pero desta vez non foi así, porque xa me ía saír a costela polas orellas
No seu lugar, optamos por unha táboa mixta e mais criollos
-Entre outras delicatessen, como empanada ou queixo con anchoas-
Quixera agredecer aos presentes os agasallos recibidos
En primeiro lugar a Marta, pola súa maquiavélica idea
-Obsequioume cunha cámara dixital completiña e cun bo flash-
E logo aos demais, que tan ben coñecen os meus gustos
-Déronme uns cómics baseados en obras de Poe e de Lovecraft-
A mágoa foi que Melissa torcese o nocello ao baixar do monte
-Tamén estaba a súa cadela, Xena, chimpando por alí-
E sorte que a puido levar a urxencias Jesús, o único chofer abstemio
-Aínda que a súa mueca non o aparente nunha foto que lle saquei-
Por certo, con Víctor semella formar un grupo vangardista xermano
-Ao estilo de Jazzanova, barba e gafapasta incluídas-
Tentei sacarlle algunha foto a Isa, pero non houbo forma
-Si lla puiden sacar a Gonzalo, aguantando as maniotas da capoeira-
A min fotografáronme con Beni, nun discreto segundo plano
A foto fíxoa Berto, quen na escuridade lles daba voz ás árbores
E isto é o que deu de si a festa, que non é pouco
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Barcelona en familia
Vimos de visitar unha das cidades máis fermosas da Península e do mundo enteiro A capital catalá ofrece un patrimonio cultural único, come...
-
Sempre considerei que os meus mellores amigos son meus pais Por múltiples razóns, comezando polo trato que nos demos Meus irmáns sempre os...
-
Esta gran novela conxuga dúas das miñas afeccións, que son Jack London e as traducións ao galego É dicir, o mesmo que A chamada da selva (X...
-
Este último ano supuxo unha serie de grandes cambios para a nosa filla Rematou os estudos de Primaria, con boas cualificacións, e comezou ...
Ningún comentario:
Publicar un comentario