
Esta notiña entra no capítulo dos obituarios
Morreu Richard Wright, o teclista dos Pink Floyd
Na portada de "The Piper of the Gates of Dawn" é o da dereita
Fora membro fundador, nos tempos de Syd Barrett
E creador das texturas tan características do grupo
Que desenvolveu a cabalo entre a psicodelia e o rock sinfónico
-Véxase "Us and Them" ou "Shine on You Crazy Diamond"-
Quen coñece o seu traballo sabe que non era ningún 'cheíñas'
Así e todo, o seu pasamento non trascendeu á opinión pública
-Que lle imos facer, se aquí soe ser así-
"The Great Gig in the Sky" sería o seu epitafio
Díxoo deste tema de "Dark Side of the Moon" o propio Wright
Ningún comentario:
Publicar un comentario