14/09/08

Saboteur



Atopei un novo pasatempo, chamado "Saboteur"
Consiste nun xogo de cartas sinxelo, pero moi entretido
Ten un deseño moi logrado, feito polo belga Frederic Moyersoen
E a dinámica do xogo, coma o seu nome, é bastante retorcida
É dicir, trátase dun xogo certamente fermoso, coma o "Lobo"
Pero ao mesmo tempo resulta tan cabrón coma o "Piko Piko"
Ou sexa, que falamos do que se di "un xogo redondo"
Entremos, sen máis, en materia: hai dous tipos de personaxes
Hai ananos que buscan ouro e hai outros que o queren evitar
Esten son os sabotadores, os que lle dan gracia ao asunto
-Os "saboteurs" soen ser a terceira parte dos xogadores-
Mais, en principio, ninguén sabe as intencións de cada quen
O túnel parte dunha escaleira e ten tres posibles destinos
En dous deles só hai rochas, e só nunha está a pebida de ouro
Para chegaren onda o ouro, os ananos deben escavar túneles
Para impedilo, os sabotadores desviaranos ou derrubaranos
O bo vén unha vez se sospeite quen é quen, o cal pode tardar
Pero pode resultar difícil manter secretos os designios...
Unha vez descuberto o saboteur, os ananos quererán bloquealo
Existen cartas a tal efecto, para bloquear ou desbloquear
Son o pico, o farol e mailo carro, rotos ou ben novos
Tamén hai unha carta para poder ver algún dos tres destinos
-Todo pensado para que o xogo teña aínda máis chicha-
Unha vez máis, o descubrimento é cortesía de Eledhwen e Tury

2 comentarios:

Unknown dixo...

Un gran xogo , sí!!!

Tiven oportunidade de probalo o xoves, encantame todo el. O xogo e moi dinámico e divertido, pero gustanme moitisimo as cartes e a caixiña que é especialmente xeitosa.

Espero que algún día podamos disfrutar de él xuntos, porque iso suporía como mínimo 6 xogadores que seguro fai a partida máis interesante ;P

Dr Smurf dixo...

Descoida, que seguro que habemos ter ocasión de escarallarnos á risa co xogo. Mellor aínda: de facernos a puñeta mutuamente, que para iso está pensado e que, como sabes, non che hai mellor forma de pasalo ben. Así, entre amigos e de boas.

Barcelona en familia

  Vimos de visitar unha das cidades máis fermosas da Península e do mundo enteiro A capital catalá ofrece un patrimonio cultural único, come...