01/10/08

Cumprimos un ano






.
.

Hai xa un ano que emprendín esta aínda nova aventura
Todo comezou con fotos de distintos castelos
Tanto de verdade, históricos, como ficticios
Tanto de pedra e de barro como imaxinarios
Creo que no fondo toda existencia se basea xusto niso
No equilibrio entre os castelos reais e os que facemos no aire
Pedra a pedra, bloque a bloque, vou construíndo este castelo
A outra parte desta dicotomía constitúena os pitufos
De feito, nun principio tamén lles dedicara bastante espazo
A tratar de explicar que no fondo todos somos algo pitufos
Nun mundo globalizado, somos pequenos pero únicos
Somos case insignificantes pero ao mesmo tempo importantes
Importantes dentro das nosas pequenas comunidades
Que canto máis importante se cre alguén, máis pitufo é
E viceversa, pois entre nós somos grandes na nosa humildade
Entre os nosos, construímos castelos no aire do futuro
O Castelo dos Pitufos é tamén compartir un pouco de todo
Ao longo deste tempo, dalgunha maneira intercambiamos emocións
Dende experiencias estéticas ate anacos de vida
O meu máis fondo agradecemento aos que lle dan sentido

4 comentarios:

Unknown dixo...

Os meus mais sentidos parabéns, Dr. Smurf!

Gracias por compartir con nos o seu castelo.

A seguir pitufando por moitos anos!

Dr Smurf dixo...

Non se merecen. O importante é ter algo interesante que contar. Haberá días, supoño.

En todo caso, procurarei seguir ao pé do canón con cousas novas e orixinais das que deixar constancia, que de todo ten que haber.

bellit dixo...

gracias por deixar que nos asomemos ó interior do teu pequeno/gran castelo e poder coñecer asi un pouco mellor ó pitufo residente. Noraboa de corazón

Anónimo dixo...

pitulicidades! espero seguir visitanto o seu castelo moito tempo!!!

Barbie, Cine e Moda

  Vimos de ver unha mostra con preto de 200 edicións limitadas da boneca máis famosa do mundo Trátase da exposición 'Barbie, Cine e Moda...