
Hai uns días demos en Cambados cun boneco moi particular
Tratábase nada menos que dun polbo á feira de artesanía
Sobre unha luva de la artellábanse os tentáculos de esponxa
En movemento, e cunhas gargalladas de fondo, resulta arrepiante
Este último exemplar da tenda acababa de ser adquirido por Beni
-Cousas de ter sobriños aínda pequenos, que son a excusa perfecta-
Menos simpáticos foron estes outros cefalópodos que paso a mostrar
Fálovos das luras que atoparon uns mergulladores en California
Eran luras xigantes de Humboldt que apareceron por sorpresa
E que cara de poucos amigos tiñan estes entrañables 'Calamardos'
Recomendo ver o vídeo a pantalla completa para facerse unha idea
6 comentarios:
Este comentario non ten que ver co post... pero non quería deixar de agradecervos o paseo guiado pola "ruta das sereas". A próxima será con máis tempo. Bikasos!
h.d.g.
Como me mola el pulpo guante!
Yo sé a quien le haría mucha gracia y no tiene precisamente pocos años...
De nada, "H". E a ver se a vindeira si que é con máis tempo, que ben o merecemos vós e máis nós.
Ganieda, o colega que o comprou tampouco tiña poucos anos. Digo eu que ti que rulas tanto polas feiras da historia e da artesanía ben o puideches ter atopado, non? Dálle tempo.
Eu quero eu quero eu querooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooo
Eu quero, eu quero eu queroooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooo
Vale, vale... Pois agora a esperar ao ano que vén para pasearse de novo polas feiras de artesanía.
(Ou iso ou un "faino-ti-mesmo-na-túa-casa".)
Publicar un comentario