Isto vén a propósito do artigo da pasada semana
Emitírono no programa 'Foro Aberto', da Galega
O "moderador" entrevista ao presidente da Mesa
Cando o vin, confeso que quedei coa boca aberta
É un aborto de entrevista, un esperpento total
Toda unha falta de respecto, educación ou pudor
Este antixornalista faille unha antientrevista
Pregúntalle precisamente pola manifa do aborto
Respóndelle que era unha manifestación pro-vida
-A prol da vida da lingua galega, como explica-
O entrevistador pregúntalle de novo polo aborto
A vergonza allea acada daquela límites ignotos
Todo un espectáculo bochornoso, e sen parangón
Nunca tal vin e espero non volver ver algo así
Para rematala, velaí vai unha parodia do vídeo
26/10/09
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Barcelona en familia
Vimos de visitar unha das cidades máis fermosas da Península e do mundo enteiro A capital catalá ofrece un patrimonio cultural único, come...
-
Sempre considerei que os meus mellores amigos son meus pais Por múltiples razóns, comezando polo trato que nos demos Meus irmáns sempre os...
-
Esta gran novela conxuga dúas das miñas afeccións, que son Jack London e as traducións ao galego É dicir, o mesmo que A chamada da selva (X...
-
Este último ano supuxo unha serie de grandes cambios para a nosa filla Rematou os estudos de Primaria, con boas cualificacións, e comezou ...
2 comentarios:
Nos firmamos por acó:http://televisionmanipulacion.blogaliza.org/campana/
Pois xa somos tres.
Isto xa pasa de manipulación. Estou a sentir como o can da censura traba cada vez máis forte e apreta cada día un pouco máis, mesmo superando cotas inauditas.
Publicar un comentario