02/11/09

Defuntos

O cemiterio de Cambados é un dos máis fermosos do país
Rodea as ruínas de Santa Mariña Dozo, de estilo 'mariñeiro'
-Unha mestura de gótico e románico galegos do século XV-
Declaradas Patrimonio Nacional xa a mediados dos anos 40



Conxuga o seu aspecto monumental cun ornamento perenne
Dado que non só está cheo de flores no tempo de Defuntos 
-É un dos camposantos máis floridos, nas catro estacións-
Ademais, centos de candeas iluminan as lápidas pola noite
Que é cando este lugar se volve máis cálido e acolledor
Un sitio tranquilo, con bo ambiente e coa mellor compaña
Recomendo a visita a todo aquel que saiba apreciar a paz
Esa que nos falta con máis frecuencia da que quixeramos


Ningún comentario:

As cores do San Froilán

  A gran festa do outono galego caracterízase pola intensidade e a variedade do seu cromatismo É xusto nesta primeira quincena de outubro ca...