18/11/10

Unha nova biblioteca



A miña vila natal conta dende este outono cunha nova biblioteca
Albérgaa un edificio emblemático da cambadesa rúa do Castriño
É dicir, a escasos cincuenta metros da nosa casa e dos meus pais
Durante trece anos, pasei todos os días por diante desta vivenda
-Dende preescolar ate o derradeiro curso de estudos no instituto-
Trátase, polo tanto, dun vello edificio que se me fai moi familiar
Polo que non puiden evitar emocionarme cando crucei a cancela


A Casa dos Fraga conta cun xardín de dous mil metros cadrados
 Nel, un soutelo dálles sombra aos que se acheguen con bo tempo



No seu interior, hai recunchos que convidan á lectura demorada
Pero tamén hai espazos pensados para o entretemento dos nenos




Subindo ao primeiro andar, accédese a distintas salas e galerías
Aquí hai espazos para o recollemento e o estudo, e moitos libros
Aínda que, polo de agora, non tantos como a min me gustaría ver
En todo caso, quen me dese que no meu tempo houbese algo así
Coa de tardes enteiras que pasei na antiga bliblioteca pública... !



4 comentarios:

eledhwen dixo...

Imos ter que pasarnos por Cambados... ;D

Dr Smurf dixo...

Por suposto, iso está feito. Cando queirades e con sumo gusto.

paideleo dixo...

Así hai xente que quere volver a ser neno agora e non me extraña.

Dr Smurf dixo...

Efectivamente, Paideleo. E non é cuestión de 'peterpanismo', senón de realidade obxectiva.

Paisaxes de Lugo (IX)

  Cunha mañá neboenta de finais do inverno no parque de Rosalía dá comezo esta nova entrada sobre as paisaxes lucenses Foi captada ao carón ...