26/11/10

Kusturica



Mañá veñen a Lugo Emir Kusturica & The No Smoking Orchestra
Como bos fans, hai tempo que collemos as entradas para o concerto
Será unha ocasión única para pasalo ben escoitando música en vivo
A banda ten unha decena de integrantes, nados en países balcánicos
De todos eles, o de maior sona é o realizador serbobosnio Kusturica
Dirixiu filmes como o aclamado Underground ou Tempo de Xitanos


Pero o que máis me entusiasma de todos é Gato Negro, Gato Branco
-Trátase dunha comedia negra con localizacións á beira do Danubio-
Con cancións tan potentes na súa banda sonora como o é Duj Sandal



O álbum que lle deu máis renome á formación foi Unza Unza Time
-Precisamente, contén algúns dos temas que ambientan esa película-
En resumo, que temos diversión garantida para os nosos pés e oídos
E todo grazas a que non viñeron tocar os de Placebo no San Froilán



1 comentario:

Dr Smurf dixo...

Obsérvese no enlace á wikipedia que no nome de Kusturica en cirílico o "c" correspóndese cunha especie de u cadrada, cunha lectura semellante ao dígrafo "tz" en euskera. É dicir, pronunciaríase algo así como "Kusturitza".

Polo demais, o concerto puido soar mellor se non tivese lugar no Pazo Provincial dos Deportes, xa que a música reverberaba desastrosamente.

Paisaxes de Lugo (IX)

  Cunha mañá neboenta de finais do inverno no parque de Rosalía dá comezo esta nova entrada sobre as paisaxes lucenses Foi captada ao carón ...