29/08/22

Ámsterdam en familia

 

Nas vacacións que vimos de rematar visitamos os Países Baixos
Comezamos pola capital neerlandesa, unha das cidades máis fermosas de Europa
O primeiro día fomos directos ao Museo Nemo e pasamos pola OBA, a biblioteca pública de Ámsterdam




Deseguido dirixímonos ao Rijskmuseum, unha visita obrigada na cidade




Alí admiramos obras como A leiteira de Vermeer ou O cisne ameazado de Asselijn




Diante do cadro estrela do museo, A rolda nocturna, Selma quixo fotografarse cunha rapaza vestida de época




Deixamos atrás a Rembrandt e a Van Gogh e adentrámonos no parque máis famoso de Ámterdam, o Vondelpark




Xa cos ceos despexados, paseamos polas canles que caracterizan esta urbe
Cruzar por cada unha das pontes supón toda unha experiencia de recreación estética




En Ámsterdam abundan os edificios antigos, moitos mesmo do século XVII
É o caso dalgúns dos inmobles que se poden ollar no céntrico distrito das Nove Rúas
Un dos espazos máis amplos no centro é a praza Dam, o punto de encontro da capital holandesa




E ao leste fómonos adentrando no Barrio Vermello, onde abundan os coffee shops
No medio desta zona tan concorrida encóntrase a Oude Kerk, a igrexa máis antiga da cidade




Tamén aproveitamos para dar un paseo en lancha a través das canles
Fixémolo partindo dende outro museo bastante confluído, o da casa de Anna Frank

8


No luscofusco puidemos admirar mellor a beleza crepuscular da cidade
Navegamos tanto polas canles como polo río Amstel e pasamos por debaixo da Ponte Azul




Nunha das xornadas na nosa estadía fomos de excursión polas vilas máis pintorescas dos arredores
O primeiro lugar que visitamos foi Zaanse Schans, onde puidemos ver por fóra e por dentro os famosos muíños




Tamén visitamos un obradoiro onde nos amosaron como fan as zocas cun torno




A continuación fomos ata Edam, famosa polos seus queixos




Ademais de acoller un mercado semanal de queixos, a vila ofrece estampas de postal




Dende alí puxemos rumbo a Volendam, unha localidade costeira onde nos esperaban uns amigos amarelos




Volendam é unha fermosa vila mariñeira que funciona como un imán irresistible para o turismo




Por último, collemos un ferry que nos conduciu ata a illa de Marken




Alí topámonos con aínda máis postais para a lembranza, que sumamos ás de Ámsterdam
Nas xornadas seguintes viaxamos ata o sur do país, onde nos había agardar o prato forte da viaxe

Ningún comentario:

Providence

  Veño de gozar da que se cadra sexa a derradeira grande obra escrita por Alan Moore Trátase de Providence , onde homenaxea a H.P. Lovecraft...