Acábase o outono, comeza o inverno e chega o momento de facer balance do 2024
Este ano a piques de rematar deparounos moi bos momentos, que son cos que habemos quedar
Iniciaramos a xeira da mellor maneira, na compaña dos nosos seres queridos, dos familiares e achegados
Xa en marzo, fomos ver no MIHL unha exposición que nos entusiasmou
Tratábase de Barbie, cine e moda, onde puidemos personaxes de filmes convertidas en bonecas
Nas vacacións de Pascua tivemos a sorte te de ir á capital catalá
Alí visitamos moitos monumentos, a maioría deseñados por Gaudí
Foi o caso do Parc Güell, das casas Milá e Batlló ou da Sagrada Familia
Era xa primavera, e aproveitamos para saír máis ao aire libre
Nun día solleiro, puidemos facer unha andaina pola beira do Miño
Tanto en Barcelona coma en Lugo, en varias ocasións fomos xantar comida xaponesa
Xa polo verán, puidemos acompañar durante máis tempo do habitual os nosos maiores
Con eles celebramos os 80 anos que fixo miña nai, o aniversario de miña irmá ou o meu propio
Son lembranzas felices, estas do pasado estío, que atesouraremos durante toda a vida
Como tamén son as da viaxe que realizamos a mediados de agosto ás ribeiras do Rin
Dende Estrasburgo ata Colmar, pasando por varias vilas, percorremos boa parte do territorio de Alsacia
Tamén viaxamos a través da Selva Negra, de cuxa capital, Friburgo, gardamos moi bo recordo
Antes de volver, botando varios días en Europa Park, tamén en Alemaña
Alí moi ben o pasamos, entre as atraccións e os numerosos espectáculos do parque
De volta en Lugo, celebramos o San Froilán e os aniversarios de Selma e das súas amigas
E así seguiremos despois desta pausa que habemos pasar de novo na compaña dos membros da nosa tribo
Para todos eles, para todos vós, desexamos o mellor nestas festas e no ano entrante, do que agardamos paz e prosperidade
Ningún comentario:
Publicar un comentario