18/02/26

O Entroido da Coruña


Vimos de pasar o Entroido nunha das cidades galegas con maior tradición carnavalesca
Durante as festas, asistimos a varios desfiles multitudinarios, o máis vistoso o do concurso de comparsas
Celébrase o sábado á tarde, percorre boa parte do centro da Coruña e congrega milleiros de asistentes ao seu paso




Diversos líderes mundiais foron obxecto de mofa en varias das comparsas
Non faltaron Trump, Maduro, Sánchez ou Putin, o que lle valeu unha incompresible denuncia a unha das participantes




Desfilaron carrozas con múltiples temáticas, con especial atención á diversidade das minorías residentes na urbe
Foi o caso da veciñanza de orixe boliviana, que participou ata con dúas comparsas distintas no desfile, ambas con elementos folclóricos




Con varias carrozas de temática submarina, a comparsa asturiana Os Mismos de Sempre fíxose co primeiro premio do concurso




Entre outras, o público tamén puido ver unha carroza cunha polbeira
Ou os axentes do ICE, nunha parodia desa especie de Gestapo estadounidense





Xa no Martes de Entroido, foi a quenda dos concursos de choqueiros, co epicentro do Campo da Leña
Estímase que asistiron a este evento unhas 50.000 persoas, e dou fe de que a cifra non esaxera o xentío que había




Os concursantes foron desfilando pola rúa da Torre, con disfraces realmente xocosos e enxeñosos
Aol final da rúa, xa na praza, eríxese na rotonda unha Sardiña que honra a maior festa do barrio de Montealto




Alí posaron para un servidor varias xeracións de coruñesas dunha mesma familia
Incluída miña sogra, nacida moi preto de onde tivo lugar o concerto que pechou esa xornada
Xa só faltaban o desfile do Enterro da Sardiña ata a praia de Santo Amaro e a Desentronización do Deus Momo 

Ningún comentario:

O Entroido da Coruña

Vimos de pasar o Entroido nunha das cidades galegas con maior tradición carnavalesca Durante as festas, asistimos a varios desfiles multitu...