Para min este é un dos mellores álbumes de John Coltrane
O cal é moito dicir, tratándose de Coltrane
Poríao no podio xunto con "A Love Supreme" e "Blue Train"
-Outros discos incribles mesmo para o mellor saxo da Historia-
Curiosamente, cada un deles editado por un selo distinto
E que selos!: "Blue Train", do 57, fora editado por Blue Note
"Giant Steps", do 59, por Atlantic
E "A Love Supreme", do 65, por Impulse
Hoxe son clásicos, cuxos temas contan con innumerables versións
No caso de "Giant Steps", quedo coa do guitarrista Pat Metheny
Publicada no "Trío 99/00", ten un tempo máis lento
-Como recreándose en cada unha das notas delongadas-
Giant Steps tamén se pode traducir como 'chanzos de xigante'
Chanzos como os creados por Michael Levy no vídeo homónimo
14/07/08
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Asorey
Vimos de visitar na Cidade da Cultura a exposición 'Francisco Asorey, unha recuperación necesaria' A mostra reúne algunhas das obr...
-
Vimos de percorrer un dos vales máis fascinantes do mundo Visitamos parte dos principais castelos do Loira , no centro de Francia Comezamo...
-
Ademais de subir ata o Teide e de percorrer as praias, en Tenerife tamén tivemos tempo para ir a varios lugares de visita obrigada O prim...
-
Esta criaturiña é a filla que acabamos de ter Marta e mais eu Naceu onte, pasadas xa as once e media dunha longa noite A nena pesou xusto ...


Ningún comentario:
Publicar un comentario