02/12/10

As Penas de Rodas



Estas grandes pedras redondeadas teñen por nome Penas de Rodas
Encóntranse en Outeiro de Rei, nun monte da parroquia de Gaioso
Son formacións graníticas que ficaron con este aspecto coa erosión



Trátase ademais dun lugar sagrado, con romaría a inicios de agosto
De feito, no solsticio de verán o sol ponse xusto entre os dous cons
Ao igual que ocorre con outras grandes penas no norte de Portugal
Tamén hai lendas sobre elas, como neste poema de Manuel María:

“En Gaioso, ollando a Chá
Hai dúas penedas ergueitas.
¡Semellan non ser verdá
redondeces tan ben feitas!
As Penas de Rodas son
dous ollos alucinados
Que espían con atención
os eidos máis alonxados.
Si ambas penas se desfán
arde, co mundo, un tesouro:
¡unha pena, de alquitrán,
a outra unha trabe de ouro!
Non sodes, non, cantería,
ouh penas de encantamento.
¡Temo que calquera día
vos poida levar o vento!”



Pero o bo de visitalas non é só o lugar, senón o propio feito de ir alí
De camiño, cruzamos o Ladra e paramos no restaurante homónimo
Dende a ponte, hai unhas vistas estupendas de ambas as dúas beiras
Como esta do caneiro do vello muíño que moía o gran antigamente




2 comentarios:

FERNANDO SANCHO dixo...

Gustáronme as fotos, parece que é un lugar moi bonito. As penas de Rodas, que eu non coñezo, teñen unha forma moi particular. Haberá que ir por alí a dar un paseo e levala cámara de paso.
Moitas grazas por esta entrada.
Un saúdo

Dr Smurf dixo...

De nada, Fernando. Para min é un pracer divulgar e animar a coñecer aqueles lugares nos que paga a pena estar. Agradézoche, ademais, a visita e mailo comentario.

Media vida en Lugo

  Hai hoxe 21 anos e 11 meses comezaba a traballar na delegación da CRTVG en Lugo Aquel 5 de xullo de 1999 tiña xusto 21 anos e 11 meses, po...