12/06/08

A miña nai

Falando dos meus proxenitores, esta é miña nai
Así era con corenta anos menos
Daquela eu nin tan sequera era un proxecto en mente
Dela aprendín moito, xa dende moi novo
Para empezar, inculcoume o sentido da responsabilidade
Sempre procurou facerme partícipe das tarefas do fogar
Así souben valorar a importancia do traballo ben feito
E a dos pequenos detalles, que son os que marcan a diferenza
Á parte de aprender a cociñar ou a valerme por min mesmo
Dela tamén aprendín a ser escéptico
A procurar discernir o importante do urxente
A non tomar demasiado en serio os aspectos superfluos
A concentrarme e esforzarme no que realmente merece a pena
Dela tamén herdei o amor pola miña patria e pola miña lingua
-E polo mar da cor dos seus ollos verdes-
Mailo xenio necesario para enfrontarse ás inxustizas
E, por que non, a retranca precisa nun momento dado
E vou parar xa de tirarlle flores
Porque se non, nunca acabaría
A ela a miña máis fonda gratitude
-Posto que nunca llo agradecerei de abondo
O boa nai que foi e é-


Ningún comentario:

Barcelona en familia

  Vimos de visitar unha das cidades máis fermosas da Península e do mundo enteiro A capital catalá ofrece un patrimonio cultural único, come...