07/06/08

A miña pequena voda galega













Atrás quedan seis anos de relación e tres de convivencia
E o certo é que xa estabamos casados 'de facto'
Pero, tras moito matinar, decidimos que sería bo casar
Sobre todo pola tranquilidade, ademais do sentido práctico
-Baixas para acompañar ao hospital ou ao tanatorio, viuvez, etc.-
E tamén porque arestora estou a gozar de quince días de permiso
-Minivacacións que, a verdade, non me veñen nada mal-
Pero non menos certo é que a min non me gustan nada as vodas
Xa me pode invitar San Pedro Bendito, que non lle vou ir
Que vaia o interesado coa súa parella e mailas testemuñas
O resto estamos de máis, dende o meu punto de vista
Por suposto, a cerimonia celebrouse pola vía civil
Foi nos xulgados de Lugo, antes doutras dúas parellas
Tivemos a sorte de que se puidese oficiar en galego
-Quero dicir, sen necesidade de recorrer a un intérprete-
Durou dous minutos, o xusto para recordarnos o obvio
Logo veu un paseo para as fotos en familia
-Síntoo, pero considero que sería un xesto obsceno amosalas aquí-
E, como non, a obrigada chea nun restaurante máis ou menos refinado
O polbo á feira non puido faltar, regado cun bo mencía de Amandi
E a pescada á galega tampouco, na compaña dun albariño cambadés
De postre, filloas recheas de crema pasadas a lume de augardente
E máis crema, de licor, tralos cafés de pucheiro
Así foi a miña pequena voda galega
Con Marta, os seus pais e mailos meus
Arriba, na primeira foto, vense todos no noso piso
Debaixo, miña sogra e maila miña nai, xa na comida
E de seguida meus pais, meus sogros e mais nós


4 comentarios:

Robby o robot dixo...

jooooo!!! tres meses sen entrar por aquí, e cando o fago esto e o que me encontro, ti espera que llo conte a o gordo e a Jechu, non mo van crer. E as caras que van por seran de antoloxia. Polo demais so decir que sexa para moito tempo e que sexa para ben. Felicidades.

Anónimo dixo...

Coño rapaz, noraboa!!!!

Dr Smurf dixo...

Agradezo os vosos bos desexos. A verdade, conque sigamos igual de ben xa me chega.

adelasuma dixo...

Por San Pito Pato!!!

MUCHAS FELICIDADES!!
ains, es que nunca me entero de nada
oO

UN BESO ENORME PARA LOS DOS!!!

De excursión micolóxica

Aproveitando o veranciño de San Martiño, fomos de excursión micolóxica Nun día máis propio da primavera ca do outono, visitamos varias carba...